Proseguen este luns e este martes as Festas do Carme de Baroña

15 Xullo 2024

Baroña celebra estes días os populares e tradicionais festexos da Festa do Carme. Comezaron este domingo 14 de xullo (o día adicado a San Antón, cunha misa solemne amenizada con coro e gaiteiros e, posteriormente, unha gran sardiñada da marca Azul de Portosín) e prolónganse até mañá martes 16.

Este luns 15, día de San Roque, celebrarase ás 13 horas unha misa solemne na honra do santo, amenizada con coro e gaiteiros e posterior saída en procesión.

O martes 16, día da Virxe do Carme, haberá unha misa solemne ás 13 horas na honra da Virxe, amenizada con coro e gaiteiros e posterior saída en procesión.

Organiza a Comunidade de Montes de Baroña en colaboración co Concello e co apoio de Azul de Portosín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.