Primeira convocatoria de matrícula e as notas de corte das titulación do SUG (Sistema Universitario de Galicia) pra a USC

09 Xullo 2024

Este martes 9 de xullo, seguindo o calendario da CiUG, publicouse o primeiro chamamento a matrícula para efectuar a matrícula nas titulacións de grao e dobres graos ofertadas nas tres universidades públicas galegas.
No caso de seren convocadas/os a matrícula na titulación da súa primeira preferencia, o alumnado terá de prazo desde o mércores 10 ás 00:01 ata o xoves 11 de xullo ás 23:59 para formalizar a matrícula.
Unicamente poderán matricularse aquelas persoas que posúan cualificación igual ou superior á da última persoa convocada en cada titulación. Se a persoa solicitante aparece convocada nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia poderá esperar a matricularse nela (en sucesivas convocatorias) en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia. Para isto, ten que reconfirmar na plataforma NERTA que desexa continuar na “Listaxe de Agarda”. De acordo coa base Novena da convocatoria a matrícula, o estudantado pode continuar na lista de espera das titulacións “Pechadas” nas que indicou nos sucesivos chamamentos o seu interese en “Continuar na lista de espera” para o caso en que se produzan anulacións. Estes procesos terán que facelo tantas veces como listaxes de persoas convocadas se publiquen. No caso de matricularse nunha titulación de inferior preferencia, decae dos seus dereitos de continuar no proceso de ingreso en titulacións con preferencia superior.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.