Padrón perfila co Goberno o dispositivo especial para o paso da Volta Ciclista polo concello

30 Xullo 2024

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu este 30 de xullo, xunto co alcalde de Padrón, Anxo Arca, a reunión da Xunta Local de Seguridade na que ademais de analizar os datos relativos ás medidas de seguridade cidadá no concello de Padrón, tamén abordaron o dispositivo de seguridade cara á etapa da volta ciclista 2024 que terá lugar o 28 de agosto no municipio.

Esta 11ª etapa terá Padrón como punto de partida e chegada, con un percorrido de 164 quilómetros.

Segundo lembraron, non é a primeira vez que a carreira pasa por este concello, xa foi no pasado punto de paso e habitualmente saída da etapa final do Camiño de Santiago, foi tamén punto de partida da etapa final da Volta en dúas ocasións. En ambas, tanto en 1993 como en 2021, a etapa foi unha contrarreloxo individual que finalizou en Santiago de Compostela. En 2024, Padrón será protagonista absoluto da 11ª etapa, con saída e final no Campus Tecnolóxico Cortizo.

A subdelegada subliñou ademais “a tradición ciclistas desta localidade” xa que “nesta terra naceu en 1956 a Peña Ciclista Bernárdez, nome orixinal do actual Club Ciclista Padronés, o equipo máis antigo de Galicia é un dos máis importantes do campo amateur nacional”.

En canto ao dispositivo, contarase con 35 axentes, 20 motos e 10 vehículos de Garda Civil de Tráfico do subsector da Coruña, e tamén co apoio da unidade de Seguridade Cidadá da Garda Civil. Tanto a subdelegada, que ofreceu toda a colaboración para o dispositivo especial da volta ciclistas, como o alcalde resaltaron a colaboración e coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local para “facer fronte a este importante evento”.

Durante todo o percorrido, a Volta estará acompañada por unha Unidade de Seguridade e Mobilidade Viaria, que se será a encargada de velar pola seguridade e mobilidade dos corredores, vehículos de organización e caravana, así como do resto da circulación ordinaria afectada pola competición.

Amais, establecerase un posto de mando avanzado dende o que se coordinarán todos os efectivos das forzas e corpos de seguridade e dos equipos de emerxencias.

A subdelegada do goberno insistiu en que todas as persoas que asistan a esta competición, fagan caso en todo momento das indicacións dos axentes encargados de velar pola nosa seguridade, e de xeito especial, fixo un chamamento a que non se utilice o vehículo particular para acceder á zona de saída e fin de etapa para evitar colapsos nos accesos.

Durante a reunión da Xunta de Seguridade, tamén se fixo un repaso das taxas de criminalidade do concello, a este respecto Rivas destacou que está un punto e medio por debaixo da media provincial. En concreto a taxa de criminalidade de Padrón, situouse en 36 delitos por dada mil habitantes fronte aos 37 e medio por cada mil para o conxunto da provincia. Esta taxa tamén está por debaixo da media estatal que está en 51 delitos por cada mil habitantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...