A Concellería de Cultura e Turismo de Noia que dirixe Pepe Pérez compartiu a axenda de actividades (unha axenda completa en estilos, formatos, propostas e localizacións que abrangue todos os meses de verán) do programa cultural Rúas Vivas.

“A axenda inclúe unha manchea de actuacións en pequeno formato en prazas e rúas da vila”, informou o concelleiro, que engadiu ás ditas actividades súmanse as achegadas dende o departamento de Turismo: visitas guiadas, teatralizadas, patrimoniais, andainas… Trátase dun programa completo de ocio totalmente gratuíto “para que se divirtan os nosos veciños e veciñas e tamén as persoas que nos visitan”, sinalou.
A axenda de Rúas Vivas deu comezo o sábado 6 cunha foliada das Escolas Galegas da Secretaría Xeral de Emigración, no Tapal, e prosegue este mércores coa Troula da Barquiña (actuación) na Alameda a partir das 21h. O xoves 11 actuará Chiña no Curro a partir das 21; o venres 12 será a quenda de Jerry Noia Jukebox + DJ Pichi (ás 21h na praza da Constitución); o sábado 13 celébrase o Estival Fest con Boomers (ás 13.30 na dársena de Gasset), con Lou Reyes (ás 20h na Alameda), e con Iván Ferreiro (ás 23h no Campo de Santo Alberto).
O domingo 14 actuará na Alameda (ás 20h) a Banda Municipal de Música e o luns 15 será a quenda do Mago Deimi (ás 12.30 na praza do Cantón); o mércores 17 dos Contacontos Chef e Chof (ás 12.30h na praza do Cantón) e de Isla Letriska (no Campo da Feira ás 20h). O xoves 18 actuarán De Ninghures na praza do Tapal (ás 22h) e nesa mesma xornada do xoves dará comezo a Feira Medieval de Noia (até o domingo 21).
O martes 23 proseguen as actividades coa proxección de Tadeo Jones 3 no Tapal (ás 22.45h) e o mércores 24 actúan La Gramola e DJ Pichi na dársena de Gasset, ás 21h. O xoves 25 volve a Troula na Barquiña á Alameda (ás 21) e o venres 26 será a quenda de Four Passengers (no Curro ás 21h). O sábado 27 celébrase a partir das 9.30 o XVI Certame de Pintura ao Aire Libre Juan José Fernández Leiceaga (Sesé) e pola noite a Romaría Urbana San Bolo Fest. O mércores 31 volve Chiña ás rúas de Noia cunha actuación ás 21 na praza da Constitución.
O venres 2 de agosto actúa Jerry Noia Jukebox no Curro (ás 21), o sábado 3 Troula na Barquiña na Alameda (ás 21h), o domingo 3 a Banda Municipal de Música na Alameda (ás 20h); o xoves 8 e sábado 10 celébrase o XI Festival Internacional de Arpa Noia Harp Fest; o domingo 11 volve a Banda Municipal de Música (na praza da Constitución ás 20h na praza da Constitución); o martes 13 proxéctase DC Liga de Supermascostas no Tapal (ás 22.30h); o mércores 14 actúa Rivergood no Curro (ás 21h) e o xoves 15 actúa Brais Sánchez na rúa Condesa (ás 21h).
O venres 16 e o sábado 17 de agosto na praza da Constitución celébrase o XV Festival de Jazz.
O domingo 18 o malecón de Gasset acolle un tributo a Bob Dylan de Smooth & Blind, ás 20h.
O xoves 22 a praza da Constitución acolle unha actuación de Chiña ás 21h.
As Festas de San Bartolomeu celébranse os días 23 e 24 de agosto.
O sábado 24 Noia reivindicará os sombreiros tradicionais con Pon Un Sancosmeiro.
O programa pecha ao grande o venres 30 de agosto coa actuación do gaiteiro Carlos Núñez na igrexa de San Martiño, ás 20 horas.




