O veleiro “Mascato” volve navegar a costa da Pobra a partir de mediados de xullo

08 Xullo 2024

O turismo náutico ten unha forte presenza na axenda turística da Pobra do Caramiñal para desfrutar do verán. Unha das actividades que se ofertan para explorar o mar son as viaxes en veleiro.

O Mascato volverá navegar as augas da ría da Arousa a partir desta fin de semana. Como afirma a concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, “estas travesías brindan a posibilidade de apreciar a paisaxe e o patrimonio costeiro en primeira persoa. Veciñanza e visitantes terán a oportunidade de desfrutar da navegación a vela e apreciar o noso litoral dunha maneira diferente.”

Estas pequenas singraduras terán lugar nos meses de xullo (sábados e domingos a partir do día 13) e agosto (sábados e domingos ata o día 18). A duración é de hora e media con saídas en quendas de mañá e de tarde: ás 11.00, 13.00, 17.00 e 19.00 horas. O importe a pagar para desfrutar desta experiencia é de 15 euros por persoa adulta, mentres que baixa aos 10 euros para menores de 12 anos.

Máis información e inscricións na oficina do turismo, situada na Casa Mariñeira; no enderezo electrónico turismo@apobra.gal; ou nos teléfonos de contacto 981843280 (marcando a extensión 2035), 671090262 e 687482835.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.