O Sons da Vila 2024 animará as rúas da Pobra con dez concertos

08 Xullo 2024

Até dez grupos levarán a súa música en directo ás contornas das terrazas da Pobra do Caramiñal nos meses de xullo e agosto, no marco do Sons da Vila. Así o fixo saber a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, quen compartiu este luns 8 de xullo o programa de actividades do festival, que chega este ano á súa VII edición. Obxectivo, dixo, é triplo: “Diversificar a oferta cultural no verán, dar visibilidade a grupos da zona e dinamizar as inmediacións dos establecementos hostaleiros”.

Dez grupos levarán a súa música en directo ás contornas das terrazas da Pobra do Caramiñal nos meses de xullo e agosto. A Concellaría da Cultura activa a sétima edición do Sons da Vila con tres obxectivos: diversifica-la oferta cultural no verán,
darlle visibilidade a grupos da zona e dinamiza-las inmediacións dos establecementos hostaleiros, segundo deu a coñece-la edil Patricia Lojo.
A concelleira engadiu que o ritmo soará nos mércores, no núcleo urbano, e nos xoves, nas paraxes naturais, para anima-las rúas durante a semana, ao que tamén contribuirá o Verán Cultural en vindeiras datas.
No mes de xullo actuarán Os Barbansónicos (día 10, praza Paulino Santos); Kolokón (día 17, praza Victoriano García Martí), Rockolas (día 18, praia da Lombiña); The Monkeys Acoustic (día 24, paseo dos Areos); e Mar Davila (día 31, paseo dos Areos).
E, en agosto, o protagonismo recaerá en The Cuncas, (día 7, praza de Maura), Caras B (día 8, praia da Illa); D Crooners Band (día 21, Xardíns de Valle-Inclán); Airband (día 22, praia da Lombiña); e Opendrink (día 28, rúa Rafael Calleja).
A maioría das sesións musicais arrancarán ás 21.00 horas, agás nas xornadas do 18 de xullo e 8 e 22 de agosto, que serán ás 20.00 horas.

Outros artigos

A Pobra prepárase para pedalear no 14 de xullo coa Festa da Bici

A trixésimo segunda edición da Festa da Bici da Pobra do Caramiñal convida a pedalear con fin solidario no 14 de xullo. Esta cita que reúne deporte e solidariedade arrancará ás 11.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán; espazo que tamén se establece como meta....

+

Este venres comezan as Festas da Virxe do Carme de Rianxo

Este venres 12 de xullo comezan as Festas da Virxe Do Carme de Rianxo, que ofrecen a residentes e visitantes cinco completas xornadas de celebracións festivas con todo tipo de actividades. A axenda comeza este venres co festival RianClown a partir das 20.30 horas e co...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

Cuando el Payaso llora. A punto de salir a pista, tras las cortinas, los últimos minutos, la tele habla de los niños asesinados en Gaza, el bombardeo cruento del Hospital en Ucrania, tanta muerte inocente. Al payaso le cae una lagrima, recorre su mejilla dejando...

“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

A moitos dos que andan polas alturas da función ou da acción política gústalles falar dorespecto á vontade popular, á que a mesma Constitución de 1978 alude no seu Preámbulo,cando fala de “consolidar un Estado de Dereito que asegure o imperio da lei como expresiónda...