O senador ribeirense, Manuel Ruíz Rivas, lamenta que o Goberno non aproveitase a Presidencia Europea para impulsar e solucionar problemas do sector pesqueiro

04 Xullo 2024

O senador do Partido Popular pola provincia da Coruña e voceiro da Comisión de Pesca na Cámara Alta, Manuel Ruiz Rivas, acusou hoxe ao Gobierno Central de perder a oportunidade de impulsar a pesca e poñer sobre a mesa soluciones aos problemas que afectan a este sector aproveitando a Presidencia Europea de España.
En rolda de prensa, Rivas, que destacou a importancia de que por primeira vez na historia o Senado tivese unha comisión exclusiva de Pesca, fixo balance sobre o traballo realizado durante os últimos meses, nos que, explicou, o popular presentou 17 mocións, 80 preguntas escritas e 5 orais.
Durante a súa intervención, o senador de Ribeira cargou contra o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, a quen acusou de ser refén das políticas económicas e ambientais do Goberno. “Temas importantes, como as axudas a través da redución do IVA, son constantemente rexeitados polo Executivo Central”, denunciou Rivas, quen asegurou que son moi poucas as empresas que se beneficiasen a día de hoxe dos Plans de Recuperación, Transformación e Resilencia (PERTE). “A día de hoxe, que eu saiba, ningunha”, asegurou.

“Desaproveitamos unha gran oportunidade, presidindo a Unión Europea, para negociar os totais admisibles de capturas (TAC)”, subliñou o senador, quen asegurou que, durante este período, nin unha soa arte ou cuota aumentou a petición do Gobierno.
Traballo en todos os ámbitos
Rivas aproveitou tamén para poñer en valor a labor realizada polos populares, quenes, explicou traballaron en todos os ámbitos fronte a un Goberno Central que, na súa opinión, non fixo nada para facer fronte á redución no cosumo de peixe dun 35%. “Tentamos que o Goberno tome conciencia da importancia de consumir peixe. Se non se consume, o futuro do sector está en risco”, dixo.
O senador popular detívose tamén na defensa do marisqueo, da acuicultura ou de especies como a xarda, o abadexo e a sardiña. “Tristemente, a pesar de que se aprobou a moción para declarar zonas castastróficas as rías galegas, o Goberno non fixo nin ten intención de sacalo adiante”, lamentou Rivas, quen lembrou que a súa formación presentou tamén unha moción para flexibilizar e simplificar o regulamento de control de buques que debe entrar en vigor antes do 2030.
Por último, Rivas referiuse tamén aos problemas que existe nas áreas de pesca 87 nas que, artes como o palangre séguense vendo afectadas a pesar de non existir estudo científicos, ou nas que sectores importantes como o do arrastre perden máis de 10 millóns de euros.
“Temos pendentes mocións que afectan os mariscadores da ría do Burgo, á venda da aleta de tiburón ou ao tratado de libre comercio entre a Unión Europea e Tailandia”, concluíu Rivas.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.