O gaiteiro Xosé Manuel Budiño actuará na Festa da Xouba 2024 de Rianxo

04 Xullo 2024

Do 23 ao 26 de xullo Rianxo celebrará unha nova edición da Festa da Xouba. Haberá actividades de exaltación do do produto, degustacións, gastronomía, reivindicación da cultura mariñeira e música: a actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño e a súa banda, que ofrecerán un concerto gratuíto na praza de Castelao no que o gaiteiro presentará o seu último traballo, Branca Vela. Trátase dun disco luminoso cargado de amor pola música de raíz e pola electrónica no que colaboraron artistas como DeVacas, Leilía ou Guadi Galego.
A Festa da Xouba de Rianxo será novamente unha xornada festiva e de posta en valor dun dos grandes produtos gastronómicos rianxeiros. A festa desenvolverase no rueiro da vila, no Campo de Arriba e, como dixemos, na praza de Castelao.

A festa vén da man do Concello e a Confraría de Pescadores Virxe do Carme, ao abeiro da marca Xouba de Rianxo, e conta co apoio da Consellería de Mar, tal e como lembrou os días pasados o conselleiro, Alfonso Villares, que cualificou a cita de “evento gastronómico de auténtica exaltación deste peixe que conta con selo de calidade propio Xouba de Rianxo- Pesca Artesanal- Arte do Xeito desde o ano pasado (…) unha cita que se consolida no calendario e que atrae a numeroso público, cumprindo este ano a súa vixésimo novena edición”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...