O Concello de Muros acolleu a presentación dunha nova edición do Castelo Rock, un festival que se celebrará os días 26 e 27 de xullo e que este ano está de celebración, xa que cumpre o seu 20ª aniversario. Na representación estiveron a alcaldesa de Muros, María Lago; a concelleira de Cultura, Caridad González; Natividad de Jesús González, da Deputación da Coruña; Ángel Vázquez, presidente da ACRD Praia do Castelo, Aldara Andrade e Irene Formoso, da directiva ACRD Praia do Castelo.
“É dúbida unha das grandes citas do ano para Muros, un festival xa moi consolidado que cumpre 20 anos e será de novo un éxito”, asegurou María Lago, alcaldesa de Muros, que agradeceu “o traballo da organización para que todo saia ben”.
O salto internacional desta edición vén da man da presenza de grupos como The Baboon Show, The Last Internationale, The Mysterines o Misconduct.
Do panorama estatal chegan ao Castelo Rock Segismundo Toxicómano, Koma, ou Catalina Grande Piñón Pequeño.
Haberá tamén unha presenza destacada de bandas galegas como Agorophobia, Archivo Adxunto ou Festicultores, e actividades para os máis pequenos como o Casteliño Rock o xoves 25, unha das grandes novidades deste ano.
En clave local, o festival contará con Terbutalina, Archivo Adxunto e a volta aos escenarios do grupo Trapos Sucios.
Máis información na web do certame.




