O Faro de Corrubedo acollerá dous concertos do festival “Mar aberto”

03 Xullo 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou a nova edición do festival Mar aberto, concertos na fin da terra, organizado por Turismo de Galicia e que este ano volve como proposta turística do verán con seis concertos en faros e lugares patrimoniais. Como salientou, o programa inclúe dous concertos no Faro de Corrubedo, outros dous no Faro Punta da Barca de Muxía e finalmente, outros dous no Castelo de San Felipe en Ferrol. As citas serán o 26 e 27 de xullo, en Ribeira, o 2 e 3 de agosto en Muxía e o 9 e 10 de agosto en Ferrol.

“Galicia vibra en cada recuncho coa música e espectáculo en todas as súas facetas”, afirmou o director de Turismo de Galicia durante a presentación antes de salientar os festivais como “as citas por excelencia dun verán que se presenta con moitas expectativas para o sector”, expresou.

Sinalou tamén que este festival é unha proposta “diferenciada e única” por tratarse de concertos “íntimos e exclusivos en lugares especiais e para todos os públicos”, que vén avalado polo éxito das tres edicións anteriores con cifras como as máis de 2.000 persoas que participaron o ano pasado.

A programación do festival comezará o 26 e 27 de xullo no Faro de Corrubedo, onde actuarán Ute Lemper, Céu, Marem Ladson e Brais Moran & Nasaufunk.

A seguinte cita será no Faro Punta da Barca de Muxía os días 2 e 3 coa música de Mercedes Peón, Budiño, Mondra e Zeltia Irevire, para rematar no Castelo de San Felipe, en Ferrol o 9 e 10 de agosto coas actuacións de María José LLergo, _juno, Pamela Rodríguez e Lua de Santana.

O público poderá gozar de todo este programa totalmente de balde e deberán facer as súas reservas na web www.festivalmaraberto.com desde o xoves 4 de xullo ás 20,00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.