O Concello de Muros mellorou o servizo de socorrismo a disposición de todas as persoas que van á praia de San Francisco, en Louro, durante os meses de verán. “Hai seis socorristas na praia de San Francisco e este ano dotamos o posto de melloras. Espina y Delfín cedeunos a caseta”, explicou María Lago, alcaldesa de Muros.
Pola súa parte, Protección Civil cedeu aos socorristas a táboa de rescate e a cadeira anfibia para posíbeis necesidades.
“Ademais, continuamos coa mellora do material do posto que comezamos o ano pasado, unha petición que os socorristas viñan facendo dende anos atrás”, engade a alcaldesa.
A praia de San Francisco en Louro é unha das máis concorridas por veciños e visitantes durante a tempada estival.




