O Concello de Santiago acometerá este verán a última fase da súa renovación de luminarias con tecnoloxía LED

27 Xullo 2024

O Concello de Santiago de Compostela anunciou que este verán fará importantes avances na renovación da iluminación pública das zonas urbanas da cidade, tras completar xa as parroquias. Esta renovación enmárcase no novo contrato de servizos enerxéticos de iluminación pública do Concello, executado polas empresas Ferrovial e Endesa X. A fase que se prevé acometer estas semanas será a fase final do proxecto.

O contrato estrutúrase en tres grandes bloques, dunha banda, a renovación da instalación, na que se enmarcan estes traballos; doutra banda, a subministración enerxética, que será 100% procedente de enerxías renovábeis; e, por último, o mantemento da instalación, para acelerar a solución de avarías. “Con este proxecto, o Concello de Santiago súmase ás cidades cunha iluminación pública tecnolóxica, eficiente e medioambientalmente sustentábel”, explicaron fontes do Consistorio.

Neste sentido, o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns e Vías e Obras, Xesús Domínguez, valora o avance da renovación no rural e destacou que “arrincará agora o seguinte fito que agarda se complete con éxito nas próximas semanas”.

Máis de 20.000 novas luminarias LED

Actualmente, nestes meses de traballo renováronse máis de 20.000 luminarias LED, o que supón case o 90% do total. Instaláronse así dispositivos con tecnoloxía LED, máis eficientes e sostíbeis que o antigo vapor de sodio das anteriores luminarias.

Doutra banda, tras estes avances nas luminarias, as empresas responsábeis comezaron coa renovación dos cadros de mando. Actualmente a cidade conta con 356 cadros de mando novos, que supoñen un 65% dos que se renovarán ao rematar esta fase. Así, a renovada instalación de iluminación pública aumenta a seguridade eléctrica, ademais de reducir a contaminación lumínica e mellorar a calidade da iluminación.

No verán, renovarase a instalación das luminarias na rúa das Fontiñas e na rúa do Valiño, completando así os traballos neste importante barrio da cidade. Posteriormente, renovarase a iluminación do Cemiterio de Boisaca.

Tras estes últimos detalles na zona urbana, o Concello de Santiago aborda agora a renovación da instalación no centro histórico, que está prevista a partir do mes de agosto. Para Ferrovial, empresa a cargo da renovación, esta parte do proxecto primará a singularidade da zona monumental da cidade, garantindo o respecto do Patrimonio á vez que a súa correcta iluminación.

Esta prevista tamén a realización de traballos de renovación da iluminación do Campus Sur, co obxectivo de incrementar a visibilidade nocturna nesta área da cidade. Concretamente, actuarase na contorna comprendida entre a avenida das Burgas, a avenida das Ciencias, a avenida de Novoa Santos e a avenida de Compostela.

A veciñanza pode ademais comunicar calquera incidencia vía telefónica (900102301) ou na aplicación móbil Liña Verde. Os avisos intégranse nunha plataforma tecnolóxica de telexestión punto a punto, que detecta as avarías de forma automática e permiten a súa reparación nun curto período de tempo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Buenas noticas: descienden los suicidios” – Manuel Domínguez

“Buenas noticas: descienden los suicidios” – Manuel Domínguez

Es una buena noticia. Descienden los suicidios. Hace muchísimos años se creó un periódico, que había decido contar solo buenas noticas, su vida en el mercado fue efímera, parece que la gente no necesita conocer buenas noticas, tira más el morbo de lo trágico. La buena...

“Nos deben una explicación”. José Castro López

“Nos deben una explicación”. José Castro López

En el film de Berlanga “Bienvenido Míster Marshall”, Don Pablo, el alcalde de Villardel Rio -magistral Pepe Isbert-, después del paso de la “caravana de la abundancia” sinparar en el pueblo, se dirigió a sus vecinos para decirles “que yo, como alcalde vuestroque soy...