O Concello de Lousame abre este 24 de xullo o prazo de preinscrición no programa local de conciliación

23 Xullo 2024

O Concello de Lousame abre este mércores 24 de xullo o prazo de preinscrición no programa Lousame Concilia para o curso 2024/2025, un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. O servizo empezará a prestarse dende o 11 de setembro, en horario de 7:30 a 9:00 horas.

O prazo de preinscrición estará aberto ata o próximo 4 de agosto no Departamento de Servizos Sociais de Lousame, en horario de 08:30 a 14:30 horas. Os impresos poden recollerse nos Servizos Sociais de Lousame ou descargarse directamente da web municipal (www.concellodelousame.gal).

Lousame Concilia é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e co-financiado polo Fondo Social Europeo a través do Plan Corresponsables e a Consellería de Política Social e Igualdade. O Concello de Lousame lembra que tamén existe a posibilidade de traer aos pequenos en datas concretas durante o curso escolar. Máis información nos Servizos Sociais de Lousame ou no 981 820 494 ou 689 126 385.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.