O Concello da Pobra avanza en patrimonio coa prospección arqueolóxica da Corte do Santo

10 Xullo 2024

Despois da adquisición da Casa da Cadea a comezos de ano, o Concello da Pobra do Caramiñal dá un paso máis en materia patrimonial co inicio da escavación do xacemento da Corte do Santo; uns traballos que se levarán a cabo en coordinación coa Universidade de Santiago de Compostela (USC). Esta prospección arqueolóxica comezará no 15 de xullo e estenderase durante 5 días. A hipótese é a existencia dun posible eremitorio que podería datar entre finais da Alta Idade Media e a Plena Idade Media, nunha das zonas máis altas da serra do Barbanza, á beira do río Pedras. Esta é a idea da que parte o equipo arqueolóxico conformado polo Laboratorio de Arqueoloxía Medieval da USC.

A dirección correrá a cargo do investigador Mario Ramos Soriano (USC), en colaboración coa empresa Tempos Arqueólogos e co financiamento tanto do Concello da Pobra do Caramiñal como do proxecto ECOLOC dirixido polo profesor da universidade compostelá, José Carlos Sánchez Pardo, con fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

O rexedor e titular da Concellaría do Patrimonio, José Carlos Vidal, incide na importancia que ten esta acción non só para a localidade, senón para toda a comarca do Barbanza. “De probarse a hipótese, estariamos máis preto de demostrar a relevancia que tivo o río Pedras no plano espiritual durante a Idade Media. E uniríase ao de San Xoán da Misarela, polo que nos serviría de aliciente para seguir investigando ao longo de todo o curso do río”. E engade: “Queremos poñer en valor o noso patrimonio material e inmaterial e que a nosa veciñanza coñeza a súa historia”. Por iso, ao longo das xornadas de intervención, toda persoa interesada pode visitar A Corte do Santo. Isto será entre os días 15 e 19 de xullo, dende as 10.00 ata as 14.00 horas. Haberá, ademais, unha visita guiada no xoves 18, ás 18.00 horas. Non se require inscrición previa e o punto de encontro será o propio lugar.

“As estratexias de control e explotación do territorio seguidas polos poderes eclesiásticos no período comprendido entre o final da Alta Idade Media e a Plena Idade Media fannos pensar que a súa implantación deixou unha pegada recoñecíbel a nivel arqueolóxico. Así, o seu poder mantería unha relación dialéctica moi interesante de estudar con respecto a outros poderes que operaron na zona, as paisaxes da contorna e con respecto ás clases sociais menos podentes, como o campesiñado”, afirma o investigador Mario Ramos.

Os obxectivos a acadar con esta intervención son os de tentar esclarecer o tipo de xacemento, conseguir datacións absolutas para definir a secuencia cronolóxica da Corte do Santo e comezar o proceso para definir unha estratexia cara a posta en valor deste ben patrimonial. En relación a isto último, está prevista a referida visita guiada, ademais da comunicación dos resultados da campaña nunha nova edición das xornadas de divulgación histórica e patrimonial A Pobra do Caramiñal no Tempo, que se celebrará a finais do mes de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.