O Centro Ramón Piñeiro presenta o primeiro volume dun estudo que recolle material lingüístico do noso período castrexo

19 Xullo 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou este 19 de xullo na presentación do libro Documentación epigráfica do teónimo deus Lar Berobreus. Edición e comentario lingüístico, volume inaugural da colección Tesouro paleogalaico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Secretaría Xeral de Lingua.

García celebrou que vexa a luz a primeira das publicacións dunha iniciativa que no seu conxunto, dixo, “ten grande relevancia porque pretende recoller todo o material lingüístico prelatino de Galicia para o seu estudo, así como doutros territorios, especialmente con linguas célticas”.

Segundo indicou, a publicación deste libro supón o primeiro estudo lingüístico das aras dedicadas ao deus Lar Berobreus aparecidas no santuario tardorromano (s. III-VI d. C.) do monte do Facho, na parroquia canguesa de Donón, en Pontevedra. O secretario xeral destacou “a recompilación de datos como os nomes prerromanos que aparecen neses achados ou as referencias ás formas propias do latín vulgar que derivaron séculos máis tarde no galego e portugués”.

O traballo contén un comentario arqueolóxico de José Suárez Otero, outro de carácter lingüístico de Juan Carlos Búa Carballo e un catálogo dos altares do Facho, con texto do mesmo Juan Carlos Búa en coautoría con Beatriz García Turnes e Isabel Beltrán López.

O proxecto

O proxecto Tesouro paleogalaico estrutúrase en dous grandes bloques, o do material onomástico e máis o do léxico románico de orixe prelatina. Aínda que ambas partes están estreitamente ligadas, as súas distintas características, a diversidade das fontes de documentación, das problemáticas que encerran, das ciencias implicadas e dos coñecementos necesarios impoñen esta segregación do material.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.