O campamento de voluntariado AMICOS recibe a visita da directora xeral de Xuventude da Xunta

11 Xullo 2024

O Campamento de Voluntariado Xuvenil con ‘AMICOS’ marca o comezo das actividades de verán na entidade boirense. Este xoves, os mozos e mozas participantes interviron na eliminación de residuos mariños no Parque Nacional de Corrubedo, onde recibiron a visita de Lara del Carmen Meneses, directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Antía Alberte, concelleira de Mocidade e Medio Ambiente do Concello de Ribeira, Xoán España, director xeral de Amicos, e Digna Iglesias, vicepresidenta da entidade.
Durante a mañá, os representantes puideron ver de preto a labor ambiental que están a desenvolver os mozos ao longo do seu paso polo campo de voluntariado. Eles mesmos foron os encargados de explicarlles aos visitantes tódalas actividades que están a levar a cabo no marco da iniciativa, así como as súas vivencias e aprendizaxes durante mesma.


Este campamento, organizado pola asociación Amicos co apoio da Xunta de Galicia, conta coa participación dun total de quince mozos e mozas entre 18 e 30 anos e varios residentes do Fogar Amicos. Durante dúas semanas, os amicos/as conviven con mocidade orixinaria de distintos puntos nacionais e internacionais, en risco de exclusión social, ou con discapacidade intelectual
e/ou autismo.
Durante a visita, Lara Meneses destacou que “o Campo de voluntariado de Amicos, incluído na campaña ‘O teu mellor verán’ da Xunta de Galicia, pretende xerar un grupo de traballo diverso no que a mocidade aprenda o valor da diversidade e comparta unha mesma misión, que non é outra que a de conservar o patrimonio natural e cultural galego dende unha perspectiva solidaria
e inclusiva”.
A nivel persoal, a directora xeral declarou: “quédome coas palabras dunha das participantes deste campo de voluntariado, que di que o máis bonito de todo isto son os valores que aprenden aquí e que é unha experiencia enriquecedora. Alégranos e esperamos que continúe sendo así durante moitísimo tempo máis”.
Pola súa banda, a concelleira ribeirá agradeceu a visita da directora xeral de Xuventude e “o labor que fai Amicos anualmente con este campamento, a concienciación ambiental como base dos proxectos e actividades que fan. Ese xeito de sensibilizar e de practicar co exemplo, como me dixo antes Xoán, un campamento que involucra aos participantes e fai que eles tomen conciencia
e incluso nun futuro sigan desenvolvendo esas actividades medio ambientais”.
En canto ao director xeral de Amicos, Xoán España, destacou “o espírito activista dos mozos e mozas que participan nesta iniciativa. O labor que están a desenvolver os participantes é vital para a protección e a conservación da natureza, e a relación que se constrúe entre eles nun contexto tan lúdico permítelles reforzar valores como o respecto e o coidado ambiental”.

Unha actividade para fomentar a espírito ambiental e inclusivo
A través desta iniciativa búscase fomentar entre os participantes os valores de diversidade, inclusión e compromiso coa comunidade e o patrimonio autóctono. Con este obxectivo, o campamento desenvolvese en zonas de especial interese medioambiental como o Parque Natural de Corrubedo e o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.
Así, os mozos e mozas aloxanse no camping-praia ‘Ría de Arousa’ da Pobra do Caramiñal, dende onde se desprazan a puntos como Sálvora, Corrubedo ou Carril. Alí realizan distintas actividades de conservación dirixidas a preservar o patrimonio natural e cultural galego, sempre cunha perspectiva solidaria e inclusiva.
Pero as actividades van máis alá da limpeza de praias, a clasificación de residuos a través de xogos, a caracterización de especies que habitan cada zona ou a erradicación de especies exóticas invasoras. Os mozos e mozas tamén participan en distintos obradoiros, na reconstrución de hórreos e en actividades inclusivas para fomentar o espírito de equipo e o carácter inclusivo da iniciativa. Tamén participan en xogos tradicionais, deportes na praia, paseos en kaiak pola Ría de Arousa, visitas culturais a Santiago e aos Castros, sendeirismo cultural e natural polo Camiño de Santiago. E fan parte na celebración de festas locais e tradicionais, cinemas de verán, charlas sobre historias e mitos da cultura galega e obradoiros e xincanas para coñecer mellor a zona.
Activismo mediambiental e social O Campamento de Voluntariado Xuvenil con ‘AMICOS’ chega esta ano á súa quinta edición. A iniciativa nace cos obxectivos de promover a tolerancia, o respecto e a amizade entre os e as mozas para contribuír á construción de sociedades máis inclusivas, mediante actividades a través das que aumentar o coñecemento sobre a xestión da diversidade social e cultural a través do intercambio de experiencias e vivencias entre mozas.
Asemade, tódalas dinámicas buscan contribuír á conservación do patrimonio natural e cultural galego a través da educación ambiental e o voluntariado. Todo elo a través de accións lúdicas e dinámicas en grupo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...