O alumnado de Tahume IX acudiu a Galiforest e acondicionou a contorna verde da Casa da Cultura e o Centro de Saúde de Xuño

02 Xullo 2024

O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume IX, impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira para favorecer a inserción laboral da veciñanza dos dous territorios, foi convidado ao Galiforest Abanca, unha oportunidade para comprobar sobre o terreo o funcionamento e rendemento de moitos dos produtos e ferramentas de traballo agrícola e rural que lles van ser de utilidade (ás e aos participantes do obradoiro) no seu futuro laboral. Asistiron tamén, da man de Husqvarna Group, á demostración de Laura Vallejo quen, motoserra en man, potencia o sector forestal.

Ademais, o alumnado de TahumeIV acondicionou no mes de xuño a contorna verde da Casa da Cultura e do Centro de Saúde da parroquia sonense de Xuño.

Como dixemos, o Obradoiro de Emprego Tahume (edición IX) vén da man dos Concellos de Porto de Son e Ribeira para favorecer a inserción laboral da poboación dos ditos municipios que se atopa en situación de desemprego.

As especialidades impartidas nesta convocatoria de Tahume son: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. O alumnado da novena edición de Tahume (20 persoas demandantes de emprego, 10 por cada un dos concellos organizadores) conta coa axuda dun director de obradoiro, dous mestres para ambas especialidades e un titor.

Os días pasados ambos Concellos (Porto do Son e Ribeira) confirmaron que van seguir xuntando forzas para dar continuidade ao Obradoiro de Emprego cunha nova edición do mesmo, Tahume X.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.