Nova xornada de eliminación de acacia no monte de Campelo, O Vilar e Cerqueiras (en Rianxo)

01 Xullo 2024


O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha nova actividade de voluntariado ambiental no concello de Rianxo, que nesta ocasión terá lugar no monte de Campelo, o Vilar e Cerqueiras. Esta actividade está financiada con fondos europeos, grazas ao apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO).

A actividade celebrarase na mañá do sábado 13 de xullo e centrará o seu traballo na eliminación de acacia para recuperar o bosque autóctono nos montes de Rianxo. A xornada está aberta á participación de todos os públicos e idades e dará comezo ás 9.30 desde o punto de auga no acceso a Cerqueiras e Vilar. É necesaria inscrición para participar, que deberá realizarse enviando un mail a info@montescola.org ata o xoves 10 inclusive. Ao rematar os traballos ofrecerase un petisco para as persoas participantes.

Coordinada por Montescola –entidade a cargo das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental do Laboratorio Ecosocial do Barbanza–, a xornada conta tamén coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Campelo, o Vilar e Cerqueiras.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Máis información a través do correo electrónico info@barbanzaecosocial.org ou no 722 413 315.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.