No Son, o Concello acondiciona a capela de San Benito de Seráns e os camiños de Fieiro, San Pedro e Baroña

02 Xullo 2024

O Concello de Porto do Son impulsou nesta recta final de xuño novos traballo de arranxo e mantemento de infraestruturas, monumentos e espazos de lecer nas parroquias e nos núcleos tradicionais, traballos dos que foi dando conta puntualmente nas redes sociais.

A fonte de San Benito de Seráns

As obras puxeron o foco en mellorar a accesibilidade e a seguridade, e tamén na recuperación ambiental e paisaxística. Na listaxe de traballos desenvolvidos destaca por exemplo a limpeza levada a cabo na capela de San Benito de Seráns e da fonte do lugar, con vistas a preparar o terreo de cara a celebración da romaría de San Benito este mes de xullo (data por confirmar). Ademais, limpáronse os camiños do Fieiro (Miñortos) e acondicionáronse os accesos en San Pedro e Baroña (Igrexa e Abuín). Tamén se puxo a punto a pista de tenis de Trapa, en Goiáns.

Limpeza da Capela de San Benito de Seráns e da fonte

Limpeza do camiño do Fieiro, en Miñortos

Acondicionamento de accesos na parroquia de San Pedro

Acondicionamento da pista de tenis de Trapa, en Goiáns

Acondicionamento de accesos e camiños nos núcleos da Igrexa e Abuín, en Baroña

Sobreanchos de vía en Miñortos

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.