Media ducia de agrupacións de voluntariado de Protección Civil do Barbanza reciben equipamento de emerxencias de mans da Xunta

07 Xullo 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou na entrega de diverso equipamento de emerxencias a seis Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da comarca do Barbanza. Trátase de 3 kits de material para emerxencias no medio acuático e 3 kits de ferramentas eléctricas, que suman un investimento superior aos 20.0000 euros.

Os kits de material para actuacións no medio acuático, entregados a Carnota, Outes e Muros, consisten nunha cadeira anfibia para adultos, unha táboa de rescate ríxida, un tubo de rescate e unha caixa de primeiros auxilios

En canto ás ferramentas eléctricas, entregadas aos concellos de Mazaricos, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, o kit consta de amoladora, serra sable, motoserra con mochila para transporte, taladro percutor, miniarrancador, baterías e cargadores.

O equipamento entregado enmárcase na orde de axudas en equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Dos 86 colectivos beneficiarios desta convocatoria, 25 son da provincia da Coruña. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do programa Feder de Galicia.

Belén do Campo reafirmou “o compromiso da Xunta cos servizos de emerxencias a pesar de ser competencia local: dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos municipios de menor poboación”, dixo, engadindo que “a Xunta realizou nos últimos anos un importante investimento para reforzar o equipamento aos servizos de emerxencias municipais, e só no caso de Protección Civil, as achegas dos últimos anos para o financiamento da súa actividade, equipamento e formación suman máis de 22 millóns de euros”. Neste ano, preto de 200 AVPC se beneficiaron da orde anual para gastos de mantemento, dotada con 340.000 euros.

Belén do Campo co coordinador de Protección Civil de Boiro, Ignacio Pérez, e o alcalde José Ramón Romero

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.