Mar destina 1,75 M€ para a restauración da biodividersidade e dos ecosistemas mariños

02 Xullo 2024

A Xunta de Galicia anunciou este luns 1 de xullo, a través do conselleiro do Mar Alfonso Villares, que vai destinar 1.750.000 euros para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentábeis. A convocatoria de axudas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimos de Pesca e Acuicultura (FEMPA), xa está en marcha e foi dada a coñecer este luns polo titular de Mar aos representantes das federacións galega de confrarías e das tres provinciais. No encontro de traballo tamén participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde.

Segundo explicou Villares, o 57,14%, é dicir, 1 millón de euros, distribuirase en 2024, e o 42,8% restante, 750.000 euros, en 2025. “Estas axudas están destinadas a fomentar unha pesca sustentábel e á recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos, co obxectivo de contribuír á protección e á recuperación da biodiversidade e os ecosistemas acuáticos mediante o desenvolvemento de actividades de medidas de protección do medio mariño e de restauración dos ecosistemas incluídos bancos naturais, zonas de cría e reprodución de especies”, sinalou, engadido que o importe máximo subvencionábel por proxecto será de 75.000 euros e a intensidade da axuda pode acadar o 100% do investimento.

No marco destes proxectos considéranse susceptíbeis de subvención actuacións como redacción de proxectos técnicos cando o esixa a normativa aplicábel; a contratación de empresas, profesionais ou entidades fornecedoras de servizos para realizar accións como limpezas, remocións ou emendas do substrato, dragaxes, achegas ou traslado de áridos, eliminación de obstáculos que modifican as correntes, prevención, control e eliminación de especies exóticas invasoras, rareos, traslados ou sementeiras de especies marisqueiras; adquisición de equipos e material necesario, así como de semente de especies marisqueiras autóctonas en zonas onde se teña constatado un fallo no recrutamento natural das especies obxectivo, polo menos no último ano e sempre que esta semente proceda exclusivamente de criadeiro.

Así, unha das novidades máis destacábeis desta convocatoria, sinalou o conselleiro, “é que se poden incluír aqueles traballos de restauración da biodiversidade realizadas directamente polos mariscadores con permiso de explotación en vigor, sempre que non sexan labores propios da actividade marisqueira ordinaria e ata un límite máximo do 20% do orzamento do proxecto”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...