Máis de medio millón de euros investidos pola Xunta nas obras da Praza de Abastos de Noia

30 Xullo 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe a Praza de Abastos da localidade coruñesa de Noia, onde comprobou de primeira man as melloras realizadas -que contaron cun investimento da Xunta superior ao medio millón de euros- e que lle permitirán proximamente iniciar a tramitación para adherirse ao selo de Mercado Excelente.


En concreto, apostouse pola rehabilitación do inmoble, mantendo a súa morfoloxía e o seu uso como mercado permanente e reordenando o espazo comercial para unha mellor organización de cara á clientela. O proxecto completouse con outras actuacións como a mellora da accesibilidade do edificio, cun ascensor que comunica a planta baixa e a primeira, e a incorporación de novos servizos como o de consigna e almacéns, entre outras utilidades.
Mercados Excelentes
O director xeral aproveitou a visita para recordar que está aberta a convocatoria que -cun orzamento de 1.280.000 euros- busca potenciar as prazas de abastos e mercados e transformalos en Mercados Excelentes, no marco da aposta da Xunta pola revitalización destes espazos comerciais como vertebradores do territorio e xeradores de riqueza e emprego.
O indicativo pode ser solicitado por concellos, asociacións ou federacións de prazas de abastos e mercados, e outórgase en base ao cumprimento duns estándares que están a ser redefinidos pola Xunta en coordinación co sector, para atender ás novas realidades e potencialidades destes espazos.
Con estas axudas, búscase posibilitar actuacións que sirvan para fomentar a mellora deste tipo de instalacións, atender as necesidades de comerciantes e clientes, aproveitar a situación estratéxica dos mercados nas cidades e vilas e potenciar estes espazos como o mellor escaparate do produto galego agroalimentario de calidade, ademais da súa capacidade de dinamización comercial e turística.
Tamén se persegue vencellar as prazas de abastos a valores como a sustentabilidade, a protección do medio, o trato personalizado e o compromiso coa sociedade, así como mellorar a súa accesibilidade, acadar a súa modernización e dixitalización e incrementar os servizos que prestan, favorecendo a coordinación cos centros comerciais abertos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...