Luís Tosar, a produtora Zaza Ceballos e a Academia Galega do Audiovisual, Medallas de Galicia 2024

15 Xullo 2024

As Medallas de Ouro de Galicia, a máxima distinción que concede a Xunta, serán este ano para o actor Luís Tosar, a produtora Zaza Ceballos e a Academia Galega do Audiovisual.

Os galardóns, que se entregarán nunha cerimonia o próximo 24 de xullo, teñen este ano como eixo o recoñecemento ao audiovisual, segundo explicou o presidente da Xunta Alfonso Rueda na súa comparecencia tras a reunión semanal do Goberno galego.

“Queremos poñer en valor o noso audiovisual, que se está convertendo en puntal cultural, artístico e económico”, destacou Rueda dun sector “estratéxico” pola súa difusión nacional e internacional da cultura galega en todo o mundo.

A Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra outorgada pola Xunta a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo da comunidade autónoma en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica, que sexan dignos do recoñecemento do pobo galego.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.