Licitado por 3,6 millóns o novo contrato para o transporte aéreo de órganos nas áreas da Coruña e Cee e Santiago e Barbanza

24 Xullo 2024

A Xunta publicou no Portal de Contratos de Galicia a licitación do servizo de fretado de aeronaves para o transporte aéreo de órganos humanos para transplantes, así como do persoal sanitario encargado da súa extracción. O Servizo Galego de Saúde destinará un total de 3.677.237 euros para garantir esta cobertura durante os 3 vindeiros anos nas áreas sanitarias da Coruña e Cee e de Santiago de Compostela e Barbanza.

O obxectivo principal deste contrato é “dotar a ambas as dúas áreas sanitarias dun medio de transporte áxil que permita ao persoal encargado da extracción chegar en tempo e forma ás persoas doantes e receptoras, garantindo a viabilidade dos órganos para o transplante”. A Xunta quere garantir a dispoñibilidade dunha aeronave, coa súa correspondente tripulación, para levar a cabo o traslado do equipo sanitario desde a orixe e ata o aeroporto de destino; así como a recollida dos órganos xa extraídos, no aeroporto que se lle indique e ata o seu traslado final.

Unha vez iniciado este procedemento aberto, prevese que o contrato entre en vigor o vindeiro 1 de decembro, data na que remata o contrato en vigor, e estendería a súa duración até o ano 2027. O contrato tamén recolle unha posible prórroga, por 24 meses máis, cun investimento estimado neste caso que acadaría os 6.222.951 euros.

As empresas interesadas na prestación deste servizo teñen de prazo ata o vindeiro 21 de agosto para presentar as súas ofertas.

Segundo informou a Xunta, “a contratación deste servizo ten unha repercusión vital para moitas persoas que precisan a substitución dun (ou de varios) dos seus órganos; xa que logo, incide de forma directa na calidade de vida dos galegos e galegas, acadándose uns servizos sanitarios eficientes, áxiles e coas máximas garantías”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.