
Este venres inaugurouse oficialmente o Galicia Rompe, evento de cultura e deporte urbanos de Porto do Son anteriormente coñecido como Rompetiño Jump que promete seguir sendo, nesta nova edición, un referente no panorama xuvenil de citas estivais. A nova edición de Galicia Rompe chega este sábado á súa segunda edición cun programa ateigado de actividades e sorpresas.
O evento vén dan do equipo Rompetiño coa colaboración da Xunta, Fest Galicia, Abanca, a Deputación da Coruña, Xacobeo e, por suposto, o Concello de Porto do Son, entre outras empresa e institucións.
O programa musical deste sábado arrinca na fachada portuaria de Porto do Son ás 16.00 (até as 20.00 horas) con exhibicións e competicións de break dance. Haberá dúas liñas de actividade simultáneas e paralelas.
Por unha banda, polo recinto de Galicia Rompe (que abre as portas ás 18.30 horas) pasarán Hecky, Samuel SLZR, C Mirazo, Grecas, Denom, Moa, La Zowi, Kaze, Selecta e Amygoala.
Por outra banda, a partir das 21.30 horas, actuarán na Fachada Portuaria Suevia, A Banda da Balvina, Pili Pampín e Crockeo Savages.
Polo que respecta aos deportes urbanos, Galicia Rompe inclúe na súa sétima edición, entre outras actividades, o premio BMX Cup, este sábado 6 de xullo. A competición, orientada ás categorías Sub14 e Open, inclúe catro premios en metálico cunha contía total de 650 euros: 300 euros para o primeiro clasificado, 200 para o segundo, 100 para o terceiro e 50 para o cuarto. Será en horario de tarde: de 16.00 a 20.00 horas. Previamente realizaranse os adestramentos, en horario de mediodía: de 12.00 a 14.00 horas.
A maiores, haberá obradoiros deportivos para o público infantil de break, surf, bodyboard ou parkour, ao que se engade unha competición de skate (Skatecup), unha proba da Liga Galega de Break e máis unha competición de Basket 3×3 con máis de 20 equipos en categorías femininas e masculinas de todas as idades.




