Exipto celebra na primeira “finde” de agosto a súa tradicional romaría

30 Xullo 2024

Esta fin de semana, quen queira festa vaina atopar en Exipto (Abanqueiro, Boiro), que celebra a súa Romaría entre o venres 2 e o luns 5 de agosto. Trátase das festas na honra da Virxe Exipto, que comezarán o venres con diversos actos relixiosos (a suba dos santos da igrexa de Abanqueiro á capela de Exipto, ou a misa na honra da Virxe de Exipto) e prosegue pola noite co espectáculo familiar Máis Saaabor (Culturactiva), a partir das 21.15, e o concerto de Tobogán, a partir das 22.30 horas.

A festa continúa o sábado co mercado ecolóxico na contorna da capela de Exipto (a partir das 11h), coa misa na honra de San Antón (ás 12h), cunha sesión vermú a cargo de Cachas & Cousins (ás 13h), cunha sardiñada e unha mexilloada ás 13h, cunha pachanga veciñal (solteir@s e separad@s contra casad@s, viúv@s e demais estados civís) e cunha verbena (das 20h en adiante) co Dúo Charada, a Orquesta Estrellamar, DJ Mínimo Eventos, DJ Buenrollito e Julio Dieste.

O domingo, logo da misa na honra da Virxe de Exipto (cada hora a partir das 9h) haberá procesións e unha actuación a cargo do Grupo de Baile de Abanqueiro (ás 13h). Ás 14 Bafana Bafana protagonizará unha sesión vermú e ás 14.15 celebrarase o pregón das festas, que dará paso á Romaría amenizada por Ar de Loureda e Home Orquestra, seguida de xogos populares, torneos de birlos tradicionais e unha misa na honra da Virxe de Exipto (ás 19h). Pechan a xornada (ás 20.30) Los Mecánicos e Curi.

Hora: —

Lugar: Exipto (Abanqueiro)

Descrición: festas na honra da Virxe de Exipto.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.