Esteban Ares García, María Sampedro e Lucía Calvo, candidatas a presidir a Xunta Local do Partido Popular de Lousame, Ribeira e Teo

03 Xullo 2024

A Comisión Organizadora do Congreso (COC) de Lousame, Ribeira e Teo deu a coñecer hoxe, unha vez pechado o prazo
para a recollida de avais, as tres persoas que reuniron os apoios necesarios para poder presentar a súa candidatura para presidir a Xunta Local do Partido Popular dos devanditos municipios.


No caso do Lousame, Esteban Ares García, tenente da alcaldesa na actualidade, Teresa Villaverde, foi a única persoa capaz de presentar os avais mínimos que eran necesarios poder optar a presidir o partido. Así, o actual membro do Goberno Local poderá ser nomeado presidente local o próximo 15 de xullo, día no que se celebrarase o Congreso Local.
Pola súa banda, María Sampedro, actual voceira local do Partido Popular de Ribeira, aspira a liderar a formación na localidade do Barbanza, despois de conseguir reunir máis de 130 avais que apoian a candidatura que se presentará ao Congreso Local o 17 deste mes.
Por último, Lucía Calvo, proclamada alcaldesa de Teo nas últimas eleccións municipais, poderá aspirar a liderar a formación popular do seu municipio no Congreso Local don 18 de xullo, despois de que esta tarde presentase un total de 56 avais que apoian a súa candidatura.
Pechado o prazo para presentar os avais, os tres candidatos poderán comezar unha campaña interna que se prolongará desde o 5 ao 11 de xullo.
Posteriormente, rematado este proceso, procederase á celebración dos tres congresos locais que se levarán a cabo no Restaurante Trapeiro (Lousame), no Hotel Congreso de (Teo) e nun lugar aínda por determinar en Ribeira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.