Este domingo o deporte solidario toma a palabra na X Carreira pola Diversidade de Ambar

11 Xullo 2024


Este domingo 14 de xullo celebrarase a décima edición da Carreira pola Diversidade que organiza a Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional. A iniciativa solidaria e inclusiva dará comezo ás 10:00h con saída da explanada de Coroso, Ribeira. Esta edición será unha convocatoria especial, xa que a Carreira pola Diversidade cumpre 10 anos. Para celebralo haberá vertente musical e festeira a cargo do grupo Leite con Jalletas amenizando o día coa súa música. O programa de actividades tamén inclúe unha actuación de batucada da man da Academia Boa Vibra, con sede no Barbanza.

Cronograma da X Carreira pola Diversidade

9:00 h Reparto de dorsais

10:00 h Comeza a categoría absoluta ca distancia de 5Km

Batukada a cargo de Boa Vibra e saída da andaina de 3,3 Km

Categoría de 13 a 15 anos cunha distancia de 2Km

Categoría de 10 a 12 anos, ten unha distancia de 1Km

Categoría de 6 a 7 anos, distancia de 300 m

Categoría de 0 a 5 a nos, cunha distancia de 100 m

Entrega de premios

Para rematar sesión vermú amenizada polo grupo Leite con Jalletas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...