Escarabote celebra as súas festas patronais de Santiago de Lampón entre o 20 e o 25 de xullo

02 Xullo 2024

A Asociación Lúdica e Cultural de Escarabote e o Concello de Boiro presentaron este 1 de xullo a programación das Festas Patronais de Santiago de Lampón que se celebran entre o 20 e o 25 de xullo. A concelleira de Cultura, María Outeira, participou na presentación do programa das festas xunto con Roberto Vicente e outros membros da comisión.

As festas comezan o sábado 20 de xullo con alboradas a cargo do grupo de gaitas Os Salgueirños e misa na honra de San Antonio de Padua. Pola tarde haberá o xogo da chave e actuación de baile tradicional con Xilbarbeira. A verbena da noite estará amenizada por orquestra Platinum e disco móbil Troula con DJ Tamara, DJ Khris Guez e gogós.

O domingo 21 celebrarase a misa rezada na honra da Virxe do Carme, procesión e misa solemne na explanada portuaria con procesión marítima e ofrenda floral a partir das 12.00 horas. As 13.00 horas haberá sesión vermú con DJ Matrek e pola tarde xogo da cucaña e verbena, a partir das 23.00 horas con orquestra New York e DJ JJ Compota. Ás 00.00 horas tirada de fogos de artificio.

O luns haberá festa infantil pola tarde, a partir das 17.00 horas e verbena con Marbella e DJ Matrek. Os festexos continúan o xoves 25 de xullo coa misa na honra do Apóstolo Santiago ás 13.00 horas. “Somos unha comisión nova, coa que queremos recuperar as festas na nosa parroquia e preparamos un programa de actividades para todos os públicos”, afirmaron da comisión.

Pola súa parte María Outeiral convidou á veciñanza a participar e asistir a estes festexos que “esta comisión organizou con tanto esforzo para recuperar as festas de Lampón”.

Programación

Sábado 20 de xullo

Alborada a cargo do grupo de gaitas Os Salgueiriños

12.00h – misa solemne

19.00h – xogo da chave

20.30h – actuación de baile tradicional con Xilbarbeira

21.00h – misa rezada

22.30h – pregón a cargo de Rogelio Santos

23.00h – verbena con orquestra Platinum e disco móbil Troula

Domingo 21 de xullo

Alborada a cargo do grupo de gaitas Os Salgueiriños

10.00h – misa rezada na honra da Virxe do Carme

11.00h – saída da procesión da Virxe do Carmen

12.00h – misa solemne na explanada portuaria

13.00h – sesión vermú con DJ Matrek

19.00h – xogo da cucaña

23.00h – verbena con Orquestra New York e DJ Compota

00.00h – tirada de fogos de artificio

Luns 22 de xullo

Alborada a cargo do grupo de gaitas Os Salgueiriños

12.00h – misa solemne na honra María Magdalena

17.00h – festa infantil

23.00h – verbena con Marbella e DJ Matrek

Xoves 25 de xullo

Alborada a cargo do grupo de gaitas Os Salgueiriños

10.00h – misa rezada

13.00h – misa solemne na hora de Santiago Apóstolo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.