En Muros dúas menores de idade resultaron feridas tras saltar dunha ponte. En Cee un ferido por saída de vía

25 Xullo 2024

Sucedeu na praia de Esteiro e ambas foron evacuadas ao centro hospitalario, unha en ambulancia e a outra a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Un particular chamou ao 112 Galicia cinco minutos despois das 18:30 horas solicitando asistencia sanitaria urxente para as implicadas, que saltaron da ponte ao mar xusto cando un barco pasaba por debaixo: mentres que a primeira caeu enriba da embarcación, a segunda golpeouse e acabou caendo na auga.

Rapidamente, ambas menores foron levadas a terra, onde as atenderon os servizos sanitarios e desde onde as trasladaron ao centro hospitalario de referencia.

Para este operativo, os xestores do 112 Galicia alertaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil e ao GES de Muros. Tamén se informou á Policía Autonómica.

Mentres unha persoa resultou ferida tras saírse da vía e colidir contra unha casa en Cee

Aínda que nun primeiro momento perdeu a conciencia, xa a recuperara cando foi trasladada na ambulancia ao hospital de referencia.

Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia ás 17:45 horas e explicou que un vehículo acababa de colidir contra o muro dunha casa no quilómetro 87 da AC-552, na Pereiriña. Durante a conversa sinalou que a persoa implicada non respondía aos seus intentos de contactar con el. Con todo, estaba liberada e accesible.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Cee, a Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil do municipio.

Os bombeiros comunicaron unha vez finalizada a súa intervención que a persoa foi trasladada consciente e que sufrira un forte golpe na cabeza.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.