En marcha o centro de transformación de produtos do monte da Comunidade de Baroña

04 Xullo 2024

O pasado 30 de xuño celebrouse a xornada inaugural informativa da posta en marcha do centro de transformación de produtos do monte da Comunidade de Montes de Baroña, en Porto do Son. A xornada foi organizada pola dita entidade e a Plataforma pola Defensa do Monte (no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza da Fundación RIA). Foi unha actividade aberta á cidadanía e participativa na que se expuxeron de xeito lúdico os obxectivos e liñas de traballo do dito centro de transformación, destinado a valorizar os produtos agrícolas, gandeiros e forestais da contorna de Baroña, Porto do Son e o Barbanza.
O programa incluíu unha xornada deseucaliptizadora no monte da dita parroquia sonense (coordinada pola Fundación Montescola), un mercado de produtos locais (con Sachos a Rúa, Mercado dos Tilos, Mercado Darredor, TresOficios e CMVMC de Baroña.

Na presentación do proxecto interviñeron Rafael Saco, presidente da Plataforma pola Defensa do Monte, Ovidio Queiruga, presidente da CMVMC de Baroña, e Manuel Rodríguez, director da Fundación RIA.

A xornada complementouse coa exposición do uso dun serradoiro móbil (coordinada pola Comunidade de Montes de Baroña), degustacións de cociña co chef José Manuel Mallón e outras personalidades gastronómicas, e unha foliada dinamizada por grupo pandeireteiras locais Alixeiras, Bailadela, Sete linguas, Chorimas e Sonelas, xunto á banda tradicional de música Suevia do concello de Porto do Son.

O centro estará xestionado pola Plataforma pola Defensa do Monte e permitirá a valorización dos produtos alimentarios da rexión e un cambio de paradigma do sistema alimentario local.

No seu primeiro ano de andaina o centro realizará traballos de investigación. Así o explicou Rafael Saco, presidente da dita plataforma: “É preciso empezar por estudar as formas a empregar para tratar os produtos do monte, como se poden envasar e conservar. Neste primeiro ano de actividade estudarase tamén a viabilidade de diversos produtos para, de fronte ao futuro, iniciar a súa comercialización”.

Ovidio Queiruga, presidente da Comunidade de Baroña, sinalou que 2025 será o ano en que poidamos ver os primeiros produtos abrollados do centro: “A maquinaria xa estará montada e as licenzas conseguidas, polo que se producirán os primeiros produtos para comercializalos e obter ingresos que redunde na mellora dous montes”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.