Comezan as Festas de Xuño na honra de Santa Mariña

18 Xullo 2024

Este xoves 18 de xullo comezan as Festas de Santa Mariña de Xuño (Porto do Son), que se estenden ao longo de tres días, até o sábado 20. Na primeira das xornadas de festa contarase a primeira hora coa Banda de Música de Caamaño e despois da misa solemne na honra de Santa María e da procesión, haberá sesión vermú a cargo de Miriam Agraso e Nando llon. Pola tarde, xogos populares, monifates, churrascada popular polo serán amenizada con Rumba e Rexoubeiros e pola noite verbena con Elixir, a partir das 22.30 horas.

O venres volven a primeira hora os Rexoubeiros e logo da misa solemne na honra da Virxe do Carme haberá procesión e sesión vermú con Pauchinha. Polo serán, actividades para a rapazada con inchábeis e festa da escuma e pola noite verbena con Alcázar e Disco Móbil Chocolate.

A xornada do sábado comezará coa AF Chorimas de Queiruga (dianas e alboradas) e logo da misa na honra de San Antón e da procesión haberá sesión vermú con Recambios Tucho. Polo serán celebrarase o tradicional partido de fútbol de solteiros/as contra casados/as e pola noite verbena con Orquestra MS, DJ Tchinclán e Kike Varela Regueiro.

Organiza a Asociación de Veciños de Xuño Sartaxas coa colaboración do Concello de Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.