Chega a Santiago o primeiro grupo de 100 inmigrantes

30 Xullo 2024

Galicia prevé recibir esta semana uns 280 migrantes, 104 este martes. Chegan procedentes das Canarias, onde permaneceron un tempo logo de fuxir da guerra do seu país, Malí.


O Albergue do Monte do Gozo recibirá hoxe a chegada do primeiro grupo de inmigrantes que serán acollidos este verán en Galicia. Así, prevese que uns 100 deles chegue hoxe á capital compostelá, desde onde máis tarde serán repartidos por todo o país.

Estes son homes adultos que xa pasaron un tempo en Canarias tras desembarcar nas illas, que chegan ao noso país fuxindo da guerra de Mali e que, na súa maioría, xa iniciou o proceso de solicitude de asilo.

Espérase que ao longo do mes de agosto continúen chegando máis deles e que o albergue chegue a acoller ata uns 200.

Nesta liña, segundo fontes do Goberno central, a comunidade galega recibirá durante este verán 470 inmigrantes procedentes de Canarias, aínda que, tal e como indicou o propio executivo, as cifras datas poden variar en función da emerxencia sanitaria.

Doutra banda, segundo confirmou a conselleira de Política Social, a ribeirense, Fabiola Martínez, a Xunta de Galicia ten «todos os dispositivos preparados» para atender aos migrantes procedentes de Mali, entre os que non hai menores.

O goberno galego ha establecido un dispositivo sanitario no Monte do Gozo, coordinado polo 061, para avaliar a todas estas persoas e confirmar que non haxa menores entre os adultos, segundo detallou García.

Ademais, Galicia recibirá na primeira quincena de agosto a 14 menores migrantes, como se acordou na recente conferencia sectorial. «Temos todos os centros e casas de acollida preparadas para eles», asegurou a conselleira.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.