Carballeda de Avia lanza un concurso para un centro social en Muimenta, ao abeiro dun convenio as fundacións RIA e MOP

19 Xullo 2024

O Concello de Carballeda de Avia promove (co apoio económico da Fundación MOP, e o apoio técnico e administrativo da Fundación RIA e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia) un concurso de arquitectura para a planificación e deseño dun centro social na aldea de Muimenta, no dito municipio ourensán.

DCIM\100MEDIA\DJI_0727.JPG

Neste proceso, a Fundación RIA, entidade centrada en reivindicar e aplicar os usos territoriais, ambientais e urbanísticos propios e tradicionais da comarca do Barbanza, participou no deseño dun programa funcional que permita a rehabilitación e transformación dunha ruína e o seu predio en Muimenta, baseándose nunha análise rigorosa das necesidades, a contorna e os axentes implicados.

O concurso de ideas, a nivel de anteproxecto, publicouse este 19 de xullo na Plataforma de Contratación do Sector Público. Trátase dun procedemento aberto e en fase única.

As mellores propostas presentadas recibirán premios económicos de 8.000€, 6.000€ e 4.000€. Ademais, o equipo gañador será adxudicatario do contrato ulterior de servizo para a redacción do proxecto básico, de execución e para a dirección de obra. O valor estimado deste contrato é de 31.291,91€.

A construción do proxecto resultante do concurso será co-financiada polo Plan de investimentos desenvolvido polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a FEGAMP, que promove a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais de titularidade municipal. Unha comisión de traballo formada por estas entidades encargouse de avaliar un centenar de propostas remitidas por concellos e de seleccionar 24, entre as que se atopaba o centro social en Muimenta na resolución publicada o pasado abril.

A Fundación RIA engadiu que está previsto organizar unha visita dirixida aos equipos de profesionais interesados en participar no concurso. Da man da Fundación RIA, xunto ao Concello de Carballeda de Avia e o COAG, poderase visitar a aldea de Muimenta, recibir información sobre a estratexia de aldeas modelo impulsada pola Xunta de Galicia e coñecer o ámbito do concurso.

A data desta visita publicarase nas próximas semanas na Plataforma de Contratación do Sector Público e requirirá inscrición previa.

O proxecto desenvolverase en Muimenta, un dos 21 núcleos rurais integrados na estratexia Aldeas Modelo e no que a Fundación RIA participa levando a cabo o plan de dinamización, instrumento está impulsado pola Xunta baixo a Lei de recuperación da terra agraria (2021) para ensaiar, a través de estratexias e proxectos piloto, diferentes metodoloxías que permitan albiscar un cambio de tendencia positivo nas dinámicas que afectan ao rural galego e de moitas outras rexións europeas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...