Cambios na programación da Semana do Mar 2024

08 Xullo 2024

A mala previsión meteorolóxica para estes días obriga a facer cambios na axenda da Semana do Mar 2024, segundo confirmou o Concello da Pobra.

Deste xeito, o espectáculo infantil Abordaxe pirata, de Barafunda Teatro, previsto para a tarde deste luns 8, cancélase; mentres que a mostra e degustación culinaria en base á conserva, con Miguel Mosteiro, programada para o día 9 se traslada ao 29 de xullo. A hora e o lugar mantéñense: ás 20.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán.

A Semana do Mar é unha iniciativa da Concellaría do Turismo que busca exaltar a tradición mariñeira da localidade dende diferentes perspectivas e que nesta convocatoria conta cunha exposición, gastronomía, un taller e a feira mariñeira.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.