Cabo de Cruz acolle este domingo 21 de xullo as regatas de traíñas da Liga Eusko Label e Liga Euskotren

18 Xullo 2024

Cabo de Cruz acolle este domingo 21 de xullo unha das xornadas da Liga ACT de traíñas na que se vai disputar a V Bandeira de Traíñas Feminina Rianxeira e a XXXIV Bandeira Concello de Boiro. Na presentación da proba, celebrada este xoves 18, participaron o alcalde, José Ramón Romero; o presidente de Club de Remo Cabo de Cruz, Luís Piñeiro; e a directora de relacións institucionais de JEALSA, Margarita Hermo.

O alcalde, José Ramón Romero, deulle os parabéns ao Club de Remo de Cabo de Cruz “que se mantén con dúas tripulacións no máximo nivel do remo” e desexoulle sorte “para que estas dúas bandeiras queden este ano na casa”.

A XXXIV Bandeira Concello de Boiro comezará ás 12.20 horas e nela competirán 12 embarcacións. Trátase dunha regata a catro longos. Previamente, ás 11.25 horas dará comezo a regata feminina, na que se vai disputar a V Bandeira de Traíñas Feminina Rianxeira e na que compiten 8 embarcacións a dous longos. “Temos moita sorte de contar con dúas tripulacións na mellor liga de traíñas do remo, un logo dun club modesto pero un gran club”, afirmou Margarita Hermo.

“Dende o Club estamos moi contentos de volver ser os anfitrións desta proba que este ano ten dúas regatas no Barbanza, o sábado en Aguiño e o domingo en Cabo de Cruz”, afirmou o presidente do club, Luis Piñeiro, que convidou á veciñanza a achegarse ao peirao de Cabo de Cruz o domingo. Ao remate das regatas haberá a habitual fan zone con sponsor da Liga ACT e a tradicional degustación de bonito así como unha carpa para celebrar unha mexilloada e dar a coñecer o produto local.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.