A Xunta, a través de Augas de Galicia, contribuíu a eliminar un punto de vertido de augas residuais nun rego na parroquia de Miñortos, no concello de Porto do Son.
O vertido (localizado durante os labores rutineiros de control dos vertidos e cursos fluviais) producíase a un rego natural na parroquia de Miñortos que remataba desembocando na ría de Muros e Noia tras recibir aportes contaminantes de distintas acometidas de vivendas da zona.
Unha vez detectado o problema, instouse aos titulares das instalacións deficitarias a adoptar as medidas oportunas para corrixir a situación. En inspeccións posteriores os técnicos da Xunta constataron a eliminación dese punto de vertido, mediante a rectificación das acometidas erróneas cara a rede de saneamento municipal, así como a ausencia de contaminación no rego.




