As Adegas Martín Códax doan a Amicos o recadado na 2ª sesión do seu ciclo de concertos

19 Xullo 2024


A Adegas Martín Códax continúan co seu ciclo musical Os xoves de Códax, unha iniciativa na que buscan estimular a simbiose entre música e cultura con fortes raíces galegas nun enclave único como A Terraza do grupo en Cambados. O grupo Sumrrá e El Niño de Elche foron os grandes protagonistas da sesión deste xoves, 18 de xullo, na que o recadado será entregado á Asociación Amicos, con sede no Barbanza e especializada no apoio a persoas con discapacidade intelectual.

Durante unha hora, o público gozou do atardecer cunhas vistas privilexiadas do Salnés coa música de dúas forzas creativas da vangarda musical estatal, na que exploran novas posibilidades sen límites artísticos. Todo acompañado dos mellores viños da zona.

Ao concerto tamén acudiron representantes e usuarios/as de Amicos, a entidade boirense á que Martín Códax doará todo o recadado a través da venda das entradas dese xoves.

O ciclo, que este verán celebra a súa undécima edición do 11 de xullo ao 8 de agosto, ten como obxectivo apoiar un labor social distinta a través do recadado en cada concerto.

O trío galego Sumrrá, gañador do Premio Jazz España 2022, subiuse ao escenario co seu novo proxecto xunto ao cantante multidisciplinar Niño de Elche. Este encontro reúne a dúas forzas creativas da vangarda musical española na que celebran a música e a vida.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.