Ambar representa a creación escénica “Ping pong”, dirixida por Paula Quintas, o día 31 en Ribeira

26 Xullo 2024

Este 26 de xullo presentouse en Ribeira o espectáculo Ping Pong de danza experimental con obxectos argallada polo grupo de artes escénicas Elas da asociación inclusiva Ambar e dirixida pola coreógrafa visual e artista escénica ourensán, Paula Quintas. O espectáculo representarase o vindeiro 31 de xullo na Porta do Sol de Ribeira ás 14:00 h.

Na presentación deste venres déronse cita a concelleira de Cultura, Antía Alberte, Elena Teira, coordinadora de Ambar, Paula Quintas e Noelia Argibay, do grupo de artes escénicas Elas.

Elena Teira manifestou o seu agradecemento ao Concello por atender a esta proposta e convidou a cidadanía ribeirense para acudir á creación escénica Ping pong,poñendo o foco nas propostas de calidade da dita agrupación, e no longo traballo que hai detrás da nova peza, un espectáculo que “naceu por mor dun traballo e uns vínculos creativos con Paula Quintas que leva traballando neste proxecto conxuntamente co grupo Elas durante dous meses”.

Pola súa banda, Quintas transmitiu o seu agradecemento pola oportunidade de traballar con Ambar e explicou que “a creación escénica é unha conversa, é un Ping pong, algo que vai e algo que volve”. Tamén dixo que o obxectivo é poñer en práctica e mostrar o traballo creativo xerado dentro do aula”.

Noelia Argibay, do grupo de artes escénicas Elas, mostrou a súa gratitude e dixo sentirse “encantada” de colaborar con diversos artistas, como por exemplo Fran Sieira (con Mar Diverso) e Elena Salgueiro, entre outros.

Para rematar a concelleira, Antía Alberte afirmou que dende o Concello temos que aportar visibilidade a estas creacións escénicas e que a maneira de comezar a normalizalo é programando coma unha actividade máis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.