Alfonso Villares realiza a tradicional Ofrenda á Virxe do Carme en Muros

16 Xullo 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, foi o encargado de realizar este martes 16 de xullo, Día do Carme, a tradicional Ofrenda á Virxe do Carme de Muros. No seu discurso, ante as autoridades e público presentes, debullou os retos que o mar lles presenta a diario ás persoas que traballan ou se relacionan con el, destacando o seu comportamento, “no que valores como a solidariedade, o respecto e o agarimo xunto á colaboración desinteresada dos veciños, é sentido en cada ocasión en forma de abrazo colectivo, forte e sostido”, sinalou.

Logo de expresar a súa satisfacción á Confraría de Muros por facelo partícipe desta Ofrenda a que é a patroa dos pobos mariñeiros, Villares puxo en valor o sector marítimo-pesqueiro, do que sempre recibiu e recibe, dixo, “o que lles ofrezo, completa dedicación e entrega”. O conselleiro dirixiuse á Virxe do Carme para implorar a súa protección para a xente do mar que é “forte e sacrificada por Galicia e polos seus”. Por iso, esta Ofrenda é a mellor forma de transmitir o apego e o respecto que o Goberno do que forma parte sente polo sector. “Sodes parte da alma de todos os galegos e o voso recordo enche o corazón de Galicia”, manifestou.

O conselleiro rematou a súa intervención, pedindo polos que non tiveron a sorte de volver a porto e polas súas familias que os viron marchar e quedaron coa dor de ver como o mar era o seu último destino e descanso, así como polos mozos que buscan neste medio a ilusión do seu futuro e das súas familias.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.