Aguiño será sede da ACT o vindeiro sábado día 20 de xullo

17 Xullo 2024

Hoxe déronse cita na escultura dos percebes de Aguiño, os alcaldes de Ribeira, Boiro, A Pobra do Caramiñal, a xerencia da Mancomunidade Barbanza Arousa, o patrón maior de Aguiño, edís do concello de Ribeira e a xunta directiva da ACT para presentar a proba de remo profesional que se vai a celebrar por primeira vez en augas de Aguiño. A proba terá lugar no porto de Aguiño entre as 17:00 e as 20:00h.
A liga da ACT é a liga estatal de remo creada pola Asociación de Clubes de Traiñas como primeira división do remo no Cantábrico e Atlántico.


Daniel Vázquez, da xunta directiva da ACT, contextualizou que “no seu momento houbo unha iniciativa de Barbanza-Arousa e ACT de promocionar no Barbanza este deporte náutico e xa é a segunda xornada como Mancomunidade polo tanto a segunda bandeira Euskolabel masculina e a primeira Euskotren feminina, dende a ACT, a xunta directiva e os clubes queremos agradecer tanto a Barbanza-Arousa coma ao Concello de Ribeira o interese para traer a Aguiño este deporte importantísimo e tradicional coma son as traíñas. “O lugar é espazo e moi bo para a práctica das traíñas onde hai posibilidades de mar aberto e iso quere decir que pode haber ondas que farán da proba algo moi divertido para os remeiros e para o público” asegurou. Tamén recordou que “é unha pobra de alto nivel, é deporte élite do banco fixo onde están os mellores remeiros e remeiras.
O día da proba haberá unha “FanZone” que se ubicará nas inmediacións do porto, poderase degustar unha pequena mostra da nosa gastronomía ligada ao mar.
O rexedor ribeirense comentou que “os eventos como este dannos a coñecer na cornixa cantábrica, que alberga comunidades emisoras de visitantes de Barbanza Arousa, e onde queremos seguir posicionándonos e dándonos a coñecer. Dende a Mancomunidade Barbanza Arousa e dende o Concello de Ribeira queremos apoiar e colaborar con este evento para que todos e todas as participantes se sintan benvidos e desfruten dunha gran xornada o próximo sábado día 20 e tamén que descubran a beleza do noso territorio”.
Pérez Barral destacou a importancia de promover este deporte e da repercusión económica que terá no propio territorio porque atraerá a miles de persoas duante a xornada do sábado.
Para rematar o acto engadiu “dende a Mancomunidade queremos agradecer aos equipos participantes, aos organizadores, patrocinadores e voluntarios; que sen o seu traballo e compromiso, o evento non sería posible. Desexamos a todos os equipos moita sorte e que desfruten desta competición, do noso concello e da nosa comarca”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.