Aguiño presenta aos “Percebeiros de Honra” nun ano de dobre celebración para a confraría

13 Xullo 2024

Aguiño acolleu a presentación dos “Percebeiros de Honra” e as novidades da XXV edición da Festa do Percebe de Aguiño.

Ao acto déronse cita o alcalde, Luís Pérez o tenente de alcalde Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde Francisco Suárez-Puerta, o patrón maior do pósito de Aguiño, José Antonio Santamaría, o presidente de mariscadores da confraría, Manuel Ángel Reiriz, edís do concello e xente da confraría.

Nesta segunda presentación Santamaría desvelou os “Percebeiros de Honra” de esta edición onde haberá novidades con motivo da dobre celebración do peresente ano; o XXV aniversario da Festa do percebe e o Centenario da Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño.  

Santamaría reseñou “este ano os dous homenaxeados son Domingo Ayaso, que é carpinteiro de ribeira que é moi querido neste pobo e que leva toda a vida facendo e reparando dornas, e o seguinte é Daniel Bravo que é de Carreira o seu pai estivo vinculado á confraría é catedrático de historia, un coñecido historiador e escritor que tamén nos está axudando co Centenario de cara ao vindeiro mes de outubro”

José Antonio anunciou coma novidade nesta edición; unha carpa máis longa de preto de mil metros cadrados, tamén haberá unha polveira que tamén terá churrasco, vaise a cambiar o sistema para mercar as bebidas; se habilitará un despacho de billetes só para bebidas,  tamén os pratos de este ano van a ser co deseño do XXV aniversario e de outra cor,  haberá camisetas da festa para mercar a bo prezo deseñada polo estudio de tatuaxe «Maleficent Tatooo», Santamaría fixo  a acordante aos visitantes que os pratos son para levar de recordo. As entradas se poderán mercar con antelación nas instalacións da confraría a partires do vindeiro luns 15 de xullo de 9:00 a 13:00 horas e de 15:00 a 17:00 horas., desta maneira poderase axilizar as colas.

Para o XXV aniversario cóntase con case unha tonelada de percebe seleccionado e de máxima calidade, Santamaría comentou que “non nos importa perder…, preferimos que a xente veña, deguste o produto e que pague un prezo económico que imos manter a 18,00 € por 350 gr,  este prezo non se manexa por ningures” para finalizar engadiu “queremos neste aniversario que a xente veña a degustar o noso produto e se se vaia para o seu fogar cun sabor atlántico e unha experiencia da máxima calidade e sen rascar moito o peto”

O concelleiro de Mar, Fernando Abraldes declarou que “a colleita é dende punta Falcoeiro ata Basoñas e que non queremos defraudar aos veciños e visitantes por iso desexamos que sexa unha degustación cun produto espectacular, aquí na capital do percebe”.

O tenente de alcalde, Vicente Mariño, agradeceu á confraría o traballo e seu apoio para que Aguiño sexa a capital do percebe, se estivo apurando para que Aguiño luza no aniversario e centenario.

O segundo tenente de alcalde, Suárez-Puerta tamén manifestou gratitude e  admiración polo XV aniversario da festa e recordou que sesión vermú da mesma será amenizada polo o grupo “Leite con Ghalletas”.

Para rematar o acto Pérez Barral, deu os parabéns polo traballo, á traxectoria e o aniversario no  que  o concello ademais de colaborar economicamente ca confraría, estase a estudar en colaboración co patrón maior para facer un centenario que non deixe indiferente a ninguén e se integre nas lembranzas de veciños e veciñas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.