“Afundido preto das Malvinas dun palangreiro. Entre os seus tripulantes hai varios galegos”. Antón Luaces

23 Xullo 2024

Con vento de ata 35 nós, ondas de 7 metros e 4 graos de temperatura están a desenvolverse a 170 millas ao leste das illas Malvinas as tarefas de busca de seis tripulante do palangreiro Argos Georgia, afundido a consecuencia do forte temporal de mar e vento que se rexistra naquela zona. Entre os 27 tripulantes do buque hai dez españois, dos que a maioría son galegos; entre estes algúns de Ribeira: dous destes, identificados como Ramón e Josechu. 

Os últimos datos, arestora, dan por mortos a seis tripulantes e sete desaparecidos. 

O Argos Georgia emitiu o pasado luns (amencida deste martes en España) unha alerta por entrada de auga producida polo temporal, que obrigou aos tripulantes  a arriar as tres balsas salvavidas das que o palangreiro estaba dotado e das que dúas    se mantiveron ao garete durante máis de 12 horas. As autoridades puxeron en marcha un operativo de rescate que, no momento de redactar esta crónica, estaba suspendido debido ás duras condicións meteorolóxicas reinantes. O barco afundiu na mencida. Previamente os tripulantes arriaron os tres botes salvavidas, dos que só dous poideron ser utilizados supostamente polos 27 mariñeiros.

Entre a tripulación española figuran o patrón de pesca, o cociñeiro, dous de máquinas e dous observadores oceanográficos. 

Un dos barcos participantes no operativo de rescate das vítimas localizaron inicialmente dous corpos sen vida . Outra embarcacipon rescatou un terceiro falecido e outro mariñeiro con vida. E nio decursio da tarde do martes (hora española) foron localizados os outros tres mortos.

O Argios Georgia, con bandeira de Santa Elena, tiña 54 metros de eslora por 13 de manga. Cando solicitou asistencia estaba a aproximadamente 200 millas ao leste de Stanley. Na súa busca participaron o Goberno das Malvinas, o de Georgia do Sur e as Illas Sandwich, así como as Forzas Británicas nas Illas do Atlántico Sur, a Axencia Marítima e de Gardacostas do Reino Unido, a compañía propietaria do pesqueiro afundido e outras embarcacións. O martes comezou a operación de rescate con medios aéreos e marítimos, entre estes varios pesqueiros galegos. Un deles, o Robin M. Lee, interviu na zona de afundimento do Argos Georgia xunta varios helicópteros que, finalmente, tiveron que retornar á súa base por mor do forte temporal de mar e vento que se abate sobre aquel punto. O Goberno de Malvinas anunciou que en canto mellore a situación van reanudarse as operacións de busca dos desaparecidos. En Galicia, tanto a delegación do Goberno como a Consellería do Mar siguen de preto os labores de busca en contacto cos consulados de Bueno Aires e Londres, así como con Salvamento Marítimo.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.