A unión entre o solpor fisterrán e o amencer xaponés emitese en directo no YouTube da Deputación da Coruña

23 Xullo 2024

Grazas a unha iniciativa apoiada pola Deputación da Coruña e coordinada polo profesor e divulgador Jorge Mira (USC), o solpor unirá a Fisterra coa localidade xaponesa de Nachikatsuura este 23 de xullo. Na dita xornada o sol porase no extremo oeste da Costa da Morte aproximadamente ás 22:00h, xusto no mesmo momento no que sairá en Nachikatsuura, no que serán xa ás 05:00h xa do día 24 en Xapón. Esta coincidencia, que só se produce 2 días ao ano, é o motivo de unión entre ambos territorios, que contemplarán ao mesmo tempo o solpor fisterrán e o amencer nipón, mediante vídeo-conferencia (en directo a través do Youtube da institución provincial), nun evento que se celebrará de xeito simultáneo nos dous lados do mundo.

A emisión comezará ás 22 horas; 3 minutos antes de que o sol desapareza no atlántico e aparezca no Pacífico.

Esta iniciativa, organizada pola Deputación e coordinada polo físico e catedrático da USC Jorge Mira, celebra o vínculo entre ambos territorios que, tal e como sinalou o vicepresidente Xosé Regueira, “vai máis aló desta coincidencia durante 2 días ao ano, xa que nos une o orgullo da nosa autenticidade como territorio, unha identidade que representa a nosa razón de ser e un respecto absoluto pola contorna”. Regueira destaca que “queremos celebrar este vínculo que une dous territorios a máis de 10.000 km de distancia”.

Este vínculo celebrarase nun acto institucional, con representación institucional, no Semáforo de Fisterra, onde se establecerá unha conexión por vídeo-conferencia con Nachikatsuura, e onde se visualizará tamén esa dobre estampa do sol nacente xaponés e o mesmo sol desaparecendo en Europa.

Ademais, ambas localidades comparten a súa condición de seren extremos de dúas rutas de peregrinación declaradas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO: o Kumano Kodo – Camiño de Kumano – e o Camiño de Santiago de Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Buenas noticas: descienden los suicidios” – Manuel Domínguez

“Buenas noticas: descienden los suicidios” – Manuel Domínguez

Es una buena noticia. Descienden los suicidios. Hace muchísimos años se creó un periódico, que había decido contar solo buenas noticas, su vida en el mercado fue efímera, parece que la gente no necesita conocer buenas noticas, tira más el morbo de lo trágico. La buena...

“Nos deben una explicación”. José Castro López

“Nos deben una explicación”. José Castro López

En el film de Berlanga “Bienvenido Míster Marshall”, Don Pablo, el alcalde de Villardel Rio -magistral Pepe Isbert-, después del paso de la “caravana de la abundancia” sinparar en el pueblo, se dirigió a sus vecinos para decirles “que yo, como alcalde vuestroque soy...