A tripulación do Argos Giorgia agradece o trato recibido pola Mission e o pobo de Stanley, nas Malvinas

31 Xullo 2024

José Manuel Pena.- A Lightouse Seaferers Mission foi o centro cívico e social, ao que acudiron os 13 tripulantes do sinistro do buque Argos Giorgia no primeiro momento, unha vez pisaron terra firme das Illas Malvinas da localidade de Stanley tras ser rescatados. Alí recibiron todo tipo de atencións, facilitándolles teléfonos móbiles para poder contactar cos familiares, roupa, comida e o máis importante, unha calor humana que a congregación de voluntarios dispensáronlles a todos os rescatados e despois de vivir un auténtico inferno.

Os tripulantes sobreviventes do Argos Giorgia desexan agradecer, ás numerosas persoas voluntarias da Mission, toda a atención e o agarimo dispensado neses primeiros momentos de angustia e dor. Alí realizáronlles a primeira revisión médica para coñecer o seu estado de saúde e prestáronlles apoio psicolóxico do que están moi agradecidos. Tamén agradecer, en especial, ao persoal da empresa armadora do lugar, máis concretamente a Andrew Newman e a Deborah Davison. Grazas.

Por outra banda, e con total emoción, tamén desexan facer chegar, a todas as persoas do pobo de Stanley a implicación e as mostras de solidariedade, agarimo e empatía pola situación que estaban a pasar, ata o punto de que algúns deles sufriron pequenas secuelas emocionais pola gravidade das circunstancias vividas por todos os tripulantes. Os voluntarios da Mission tamén lembraron, nun acto emotivo, aos trece falecidos no sinistro marítimo (foto).

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.