A Pobra homenaxea ás vítimas da violencia de xénero coa escultura “Como Agua”, que se inaugura o domingo

23 Xullo 2024

A escultura Como Agua, de Isabel Soler Rivas, inaugúrase neste domingo 28, ás 12.30 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán nun acto amenizado pola soprano noiesa Esperanza Mara. Contará coas intervencións do alcalde, José Carlos Vidal; da concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos; da artista, Isabel Soler; e de Juan Carlos Quer, pai de Diana Quer.

Esta iniciativa da Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal busca lanzar unha mensaxe de repulsa á violencia de xénero e homenaxear a tódalas vítimas. Para tal fin, ademais do labor técnico diario que se realiza dende esta Área, optouse pola concepción dunha talla baixo o formato dun concurso de ideas cunha dobre óptica: artística e reivindicativa. E a proposta Como Agua resultou a mellor valorada polo xurado debido “ao concepto de movemento, de dinamismo, que traslada a certeza de que hai saída da violencia de xénero”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...