A Festa da Xouba de Rianxo incluirá roteiros guiados, degustacións e música e baile tradicionais

18 Xullo 2024

O Concello de Rianxo compartiu a axenda da nova edición da Festa da Xouba, que se celebra do 23 ao 26 de xullo no Campo de Arriba (epicentro das actividades) e que servirá para celebrar a propia xouba e, tamén exaltar a cultura mariñeira.

Tamén haberá vertente musical, como a actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño e a súa banda, que ofrecerán un concerto gratuíto na praza de Castelao no que o gaiteiro presentará o seu último traballo, Branca Vela. Trátase dun disco luminoso cargado de amor pola música de raíz e pola electrónica no que colaboraron artistas como DeVacas, Leilía ou Guadi Galego.

A festa vén da man do Concello e a Confraría de Pescadores Virxe do Carme, ao abeiro da marca Xouba de Rianxo, e conta co apoio da Consellería de Mar.

Respecto do programa de actividades, estas arrincan o martes 23 con dúas visitas guiadas: ao Museo do Mar de Rianxo e ao Rianxo mariñeiro. A xornada do 24 comezará cunha nova ruta polo Rianxo mariñeiro e cunha saída de embarcacións tradicionais, unha visita aos Estaleiros Catoira e unha degustación de xouba en conserva na carpa do Campo de Arriba. Pola noite, concerto de Budiño na praza de Castelo.

O xoves 25 haberá novas visitas guiadas e ás 13.00 horas celebrarase no Campo de Arriba unha nova degustación de xouba con música e baile a cargo de Fogo Fatuo e Río do Anxo. O venres 26 a festa rematará cun concerto da Banda de Escola de Música de Rianxo e de Brincadeira, na praza de Castelao.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.