A Festa da Dorna contará cunha rede de Puntos Violeta (un stand e sete establecementos hostaleiros)

16 Xullo 2024

O Concello de Ribeira, a través do Centro de Información á Muller (CIM), e a Real e Ilustre Cofradía da Dorna van habilitar este ano unha rede de Puntos Violeta para previr agresións machistas. Trátase, por unha banda, dunha carpa onde ofrecerán asesoramento e atención dúas profesionais expertas en igualdade e prevención de violencia de xénero e outras violencias machistas, especialmente a sexual. A maiores sete establecementos hostaleiros de Ribeira colaborarán na iniciativa achegando cadanseus Puntos Violeta. Estarán identificados cun adhesivo na porta cun código QR que redirixirá á información dos dípticos que tamén estarán na carpa para repartir e informar. Os bares que colaboran son os seguintes: Cocoluche, Recoveira, Esmorga, Horseluis, Tasca do Barbanza e Galeón.

A carpa durante a Festa da Dorna estará os días:

19 de xullo: de 23 a 4 horas en Bandourrío

24 de xullo: de 23 a 4 horas no Malecón.

OBXECTIVOS DOS PUNTOS VIOLETA

· Sensibilizar na erradicación da violencia machista e, máis concretamente, da violencia sexual, proporcionando información sobre estas materias.

· Proporcionar información sobre a finalidade dos puntos e sobre os recursos e servizos especializados cos que conta o concello e a nosa comunidade en materia de violencia de xénero e outras violencias machistas.

· Atender e, no seu caso, acompañar a mulleres ou adolescentes, que sufran algún tipo de violencia de xénero, en especial, violencia sexual, ou a persoas que sufran outras violencias machistas.

· Informar ás persoas que presencien algunha manifestación relacionada coas violencias machistas, sobre a súa actuación.

Prestacións proporcionadas

Os puntos violeta proporcionarán catro tipoloxías de prestacións:

– Sensibilización a través da dinamización de actividades específicas.

– Información relacionada coas violencias machistas (en especial, a violencia sexual e a LGTBIfobia), recursos existentes e teléfonos de interese.

– Atención e acompañamento ante posibles casos de agresión machista. – asesoramento a persoas que presenciaron unha agresión machista para saber como actuar

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.