A Deputación instalará en Santiago unha pantalla xigante para seguir á selección española na final da Eurocopa deste domingo

11 Xullo 2024

A Deputación da Coruña conivida a todos os afeccionados e afeccionadas da selección española de Santiago de Compostela e a súa contorna a gozar xuntos da final da Eurocopa na rúa este domingo, 14 de xullo.

A Deputación prevé instalar na Praza Roxa compostelá unha pantalla xigante para seguir en directo o partido España- Inglaterra no que, a partir das 21:00 horas, o combinado nacional ten a oportunidade de gañar o seu cuarto título continental.

A Deputación solicitou esta mañá a autorización do Concello de Santiago para a instalación dunha pantalla xigante na Praza Roxa que permitirá seguir en directo o encontro e ofreceu tamén a súa colaboración aos concellos da Coruña e Ferrol para a instalación dunha infraestrutura similar, aínda que estes municipios declinaron a oferta, xa que teñen previsto realizar a montaxe con medios propios.

‘La Roja’, sobrenome co que se coñece ao combinado nacional de fútbol, chegou ao partido decisivo do campionato europeo disputado en Alemaña despois de quedar primeiro na fase de grupos ante Italia, Croacia e Albania. Posteriormente, nos cruces eliminatorios, venceu a Albania, a anfitrioa Alemaña e a Francia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

A Unión Europea sempre estivo comprometida, polo menos en teoría, coa redución da pobreza e a exclusión social. Actualmente e de fronte ao futuro, segundo algúns expertos, requirirá un cambio de paradigma nas políticas económicas, cuxo punto de partida deberá ser o...