A axenda do Verán Cultural da Pobra deseñado pola Concellaría da Cultura virá este ano cargada de actividades para todas as idades e baixo todos os formatos posíbeis. Máis de vinte propostas integran esta axenda, algunhas delas en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, encargáronse de debullar o amplo e diverso programa que animará a localidade durante os meses de xullo e agosto.

O eido musical constará do Sons da Vila (dez concertos durante xullo e agosto); o XI Encontro de Música e Baile Tradicional, promovido pola asociación Xiada (13 de xullo, ás 21.00 horas, na praza Alcalde Segundo Durán); Barahúnda (19 de xullo, ás 22.30 horas, no adro do Castelo); Banda de Música Ateneo Musical da Pobra (26 de xullo, ás 22.00 horas, no Cantón da Leña); Festival de Verán de Canto, Baile e Música Tradicional Caramiñas impulsado pola Asociación de Amas de Casa da Pobra (27 de xullo, ás 21.00 horas, no Cantón da Leña); novamente a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra (2 de agosto, ás 22.00 horas, no Cantón da Leña); o XXVI Encontro de Habaneras, da Asociación de Amas de Casa da Pobra (10 de agosto, ás 20.30 horas, na igrexa de Santiago do Deán); Clara Pino & Pablo Vidal e banda (15 de agosto, ás 21.30 horas, no Cantón da Leña); Toboghán e Forraje (16 de agosto, ás 22.30 horas, na praza Alcalde Segundo Durán); Fillas de Cassandra (19 de agosto, ás 22.30 horas, na praza Alcalde Segundo Durán); Gala Lírica de Zarzuela (23 de agosto, ás 22.00 horas, na praza Alcalde Segundo Durán); Paisaxes Sonoras con The Rapants (24 de agosto, ás 20.30 horas, en punta Cabío); concerto de película II da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra (25 de agosto, ás 22.00 horas, na praza Alcalde Segundo Durán); e Festival X Aniversario Arrancadeira (31 de agosto, ás 20.30 horas, na praza do Emigrante).
Varios espectáculos entreterán ao público infantil: Anímate, de Expresión Producións (16 de xullo); Son Animal, de Paco Nogueiras (18 de xullo); Sideral Circus Tour, con Kalambre Cultural (23 de xullo); Hoxe si!, de Sempre Arriba (30 de xullo); Glamping, con SU.MA (6 de agosto); Soño, de O Show de Fifo (8 de agosto); e Máis saaabor, con Culturactiva Producións (22 de agosto). Todos eles serán no Cantón da Leña, ás 20.30 horas, agás o último do mes de agosto que está programado para as 21.30 horas.
A animación de rúa correrá a cargo de Sarao con O bosque vivente (1 de agosto, ás 21.30 horas) e Troula Animación coa súa Pachamama (14 de agosto, ás 21.30 horas).
Tamén haberá oco para as artes escénicas. Bradomín Teatro levará a escena a función Unha residencia con moita marcha. A cargo da Asociación de Amas de Casa da Pobra, representarase sobre as táboas do Teatro Cine Elma, no 25 de xullo, ás 21.00 horas.
E tamén tocará mover o corpo cos obradoiros de baile da man de El TomaSon, no 3 de agosto, de 11.30 a 13.30 horas, polas prazas da vila; ademais da sesión A Pobra Baila!, tamén con esta escola de baile no 3 de agosto, pero ás 21.00 horas e no Cantón da Leña.


